SALINAS PORTUGAL, FRANCISCO
Voz e silencio non chegou a ser revisado por Carvalho, ao ser tamén obra póstuma. Publicado en 1991 e agora reeditado após revisión e inevitábel actualización formal do autor/entrevistador, tres décadas despois da súa aparición, esta funtamental achega ao coñecemento de Carvalho Calero surxe dunha entrevista que Francisco Salinas Portugal lle realizou en 1989 por encargo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, tal como se indica na Nota previa. O que a ser entrevista breve para a elaboración dun vdeo, veu dar en longa conversa por obra e arte dun entrevistador intelixente e incisivo e dun entrevistado do que sera longo enumerar as cualidades: entusiasmo, rigor, ecuanimidade, erudición viva, elocuencia, modestia, esprito reflexivo... (Pillar Pallarés).