LÓPEZ FERNÁNDEZ,SUSANA
Hai uns días que a mestra nos dixo que non volveriamos á escola ataque non marchara o coronavirus. Ao principio, imaxinei que era unmonstro peludo, pero descarteino enseguida porque, coma nos contos, un superheroe xa nos tería salvado. Logo pensei que podía ser unextraterrestre, pero tamén o descartei porque, coma nas películas,algunha heroína valente con poderes máxicos xa o teoría destruído.Porén, cando me explicaron que era un virus... Carai, un virus... Pois tamén fiquei tranquilo porque, coma nos contos e nas películas, había heroes e heroínas que traballaban para combatelo.